Saltar al contenido

Publicados en el BOE los estatutos provisionales del Consejo General de Colegios de Ingenieros Técnicos Informáticos

O pasado luns día 11 de outubro publicouse no BOE a Orde ITC/2624/2010 pola que se publican os Estatutos provisionais do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Técnica en Informática.

Segundo a disposición adicional primeira dos citatos Estatutos, dentro dos quince días seguintes á publicación dos mesmos, a Comisión Xestora do Consello efectuará a convocatoria da sesión constitutiva da Asemblea Xeral do Consello Xeral, que se realizará no mes seguinte á súa convocatoria, en cuxo primeiro punto da orde do día se procederá á elección e toma de posesión dos membros da Xunta de Goberno.

Esta é unha gran nova para todo o noso colectivo. Suporá poder traballar dende o Consello Xeral, a nivel estatal, na dignificación da nosa profesión.

Fuente: CPEIG

Publicado enSin categoría